App Android para publicar fotos rápidamente no Fediverso.

PLA fixo esta app para solucionar un problema personal como era publicar fotos no Fediverso mentras ía en bicicleta.
Queremos darlle continuidade ao seu traballo honrando a súa memoria.

Podes configurar o texto e cancelos da publicación con anterioridade. Despois con 3 toques xa publicas a foto:
* Abre a cámara.
* Encadra e fai a foto.
* Preme para aceptar a foto e xa está!

Características:
* Podes engadir varias contas.
* Múltiples configuracións de publicación.
* Vista previa da mensaxe antes de enviar ou publicación directa.
* Servizo de localización propio (por se a cámara non proporciona a localización)
* Modo sen conexión (sube/publica cando recuperes a conexión)
* Xestiona as fotos feitas (gardar ou eliminar)
* Crear Notas OSM coas túas fotos
* Importar/Exportar os axustes e contas


https://silkevicious.codeberg.page/fediphoto-lineage.html
