Rastreador de tempo sinxelo que che axuda a ver canto tempo pasas ao día en distintas actividades. Inicia novas actividades cun só clic. Consulta rexistros anteriores e estatísticas ao longo do tempo. A app é gratuíta e de código aberto. Inclúe tamén widgets, copias de seguridade, notificacións e modo escuro. Tamén é compatible con reloxos con Wear OS e ten complicacións.

• <b>Interface sinxela</b>
A aplicación ten unha interface minimalista moi fácil de usar.

• <b>Widgets</b>
Segue as túas actividades directamente desde a pantalla de inicio.

• <b>Funciona sen conexión e respecta a túa privacidade</b>
A aplicación non require conexión a Internet nin rexistro de conta. Os teus datos nunca saen do teu teléfono. Nin os desenvolvedores nin terceiros teñen acceso a eles.

• <b>Gratuíta e de código aberto</b>
Non hai anuncios, compras dentro da app nin permisos intrusivos. O código fonte completo tamén está dispoñible.